A tormenta Ida deixa polo menos 42 mortos no nordeste dos EUA
Publicado o 03/09/2021 08:36
Despois de devastar o sur dos Estados Unidos, o furacán Ida, xa convertido en tormenta tropical, deixou chuvias torrenciais e graves inundacións en varios estados no nordeste do país. Hai 42 persoas mortas, a metade delas no estado de Nova Jersey. Moitas das vítimas quedaron atrapadas nos seus vehículos ou nos sotos das casas alagadas polas augas.
A chuvia descargada por Ida sobre Nova York en tan pouco tempo é a maior rexistrada nunca na cidade e as autoridades emitiron por vez primeira unha emerxencia por inundación rápida, que implica risco mortal.