CRTVG

Buscar

A tormenta Helene chegará moi debilitada a Galicia

Publicado o 16/09/2018 20:04

A tormenta tropical Helen, está desta hora ao norte dos Azores e, aínda que se deixará sentir no litoral galego, chegará xa moi debilitada a terra. Ventos moderados de forza 5 a 6 e ondas de 4 metros serán as pegadas que deixe na nosa costa.

Nesta ocasión, a tormenta tropical Helen mantense afastada das nosas costas, e ao contrario do que ocorrera hai once meses con Ophelia non percibiremos que foi un furacán na súa orixe:

"Foi un furacán agora está ao NE dos Azores e é xa unha tormenta tropical. A dirección que estamos a ver é que se irá desprazando cara a Irlanda."A maior aproximación desta tormenta tropical ás nosas costas agárdase a partir de mañá á tarde.Percibirase fundamentalmente nos refachos de vento que poden ser fortes na madrugada do martes".

A zona onde máis se vai sentir é no golfo Ártabro, con vento de forza 5 a 6.

"Helene o que pode deixar é vento moderado, puntualmente pode ser forte na zona de mar afora. En terra entre moderados e frouxos, forza 5 a 6, no mar e traería mar de fondo do O ao NO con ondas que estarán arredor dos 4 metros de altura ou incluso superando picos de catro e medio ou cinco en mar aberto".

Polo de agora, todo o litoral galego está tranquilo.

Noticias web

16/09/2018