A tormenta causa estragos no interior de Galicia
• O 112 xestionou medio cento de incidencias vencelladas con inundacións de rúas e baixos, ademais da caída de árbores na estrada
Foi unha tarde moi complicada no interior do país. Caeron máis de tres mil lostregos, que en moitas vilas e cidades foron acompañadas de chuvias intensas. As catro provincias galegas víronse afectadas este sábado pola caída de árbores nas estradas e unha tormenta de saraiba que afectou ao Túnel de Pedrafita (Lugo), o que causou incidentes sen ter que lamentar ningún dano persoal. O 112 de Galicia tamén rexistrou tres inundacións en vivendas, dúas en baixos comerciais e outras en rúas e diversos viais.
Debido á saraibada das 17,00 horas, varios turismos refuxiáronse no interior do Túnel de Pedrafita (Lugo), o que activou a megafonía para que os coches despexasen a zona e continuasen a marcha. Tamén en Allariz (Ourense), a un coche que ía circulando caeu encima un pedazo de formigón da galería dunha vivenda sen que ninguén resultase ferido. Por provincias, a de Ourense foi a que máis se deixou notar con 19 incidentes, seguida da de Lugo (16), A Coruña (tres) e outros tres para a provincia de Pontevedra. Todo isto nun sábado no que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo (Montaña e Sur) e Ourense (Sur, Montaña e Valdeorras) e un aviso amarelo noutras zonas de Galicia.
A situación a esta horas xa está completamente controlada, pero aquí na cidade de Ourense, vivíronse durante máis dunha hora momentos de auténtico caos. A forte treboada que comezou pouco antes das cinco da tarde, chegou acompañada dunha intensa chuvia que deixou unha morea de incidencias. Boa parte das rúas do centro anegáronse, sobre todo no barrio das Lagoas, a Ponte e o Couto, houbo cortes de luz, árbores caídas e colectores que saíron literalmente voando. Nesta rotonda de Concepción Arenal os sumidoiros non deron abasto e provocaron o afundimento de parte da rúa, que quedou pechada ao tráfico. Moitos problemas no tráfico tamén na ponte de Ervedelo sobre a Nacional 525 e na Ponte Novísima. Ademais, anegáronse baixos de vivendas na zona histórica e dalgún supermercado. A Aemet activou en toda a provincia de Ourense o aviso laranxa porlas treboadas e aquí na cidade recolléronse no día de hoxe 25,6 litros por metro cadrado.
A traboada na cidade de Ourense comezou contra as cinco da tarde descargando unha forte tromba de auga. Foron pouco máis de 15 minutos que deixaron unha morea de incidencias. Os sumidoiros non daban abasto con tanta auga e na rotonda de Concepción Arenal afundiuse parte da estrada, cortada ao tráfico. Centros de chamadas e os bombeiros non pararon de traballar para achicar a auga.
A intensa chuvia provocou problemas no tráfico nas nacionais 120 e 525, e deixou impracticables boa parte das rúas do centro da cidade. Varios coches quedaron atrapados no barrio das Lagoas e houbo tamén cortes de luz nos barrios do Coutro e A Ponte.
Toda a provincia estivo en aviso laranxa polas chuvias e as treboadas que afectaron tamén a puntos como o Barco de Valdeorras, Ribadavia ou Maceda. Na cidade recollénronse hoxe 25,6 litros por metro cadrado. E despois do diluvio e o caos a situación foise normalizando e as principias indicencias quedaron solucionadas