CRTVG

Buscar

A topografía engala coa axuda de drons

Publicado o 10/03/2020 15:16

Marta atopou no ceo a saída laboral que lle faltaba na terra. Esta topógrafa de 33 anos decidiu mercar e pilotar unha frota de drons cos que ofrecer os seus servizos desde o aire.

Os seus voos axudan a medir e xestionar o territorio, desde masas forestais a obras de enxeñería pasando por minas e canteiras, os seus principais clientes.

O empurrón que precisaba para levantar o voo chegoulle cunha axuda do Emega.

Cartos que a Xunta destina a apoiar talento feminino e proxectos de altura como o de Marta.

Noticias web

10/03/2020