CRTVG

Buscar

A terra volve tremer na comarca ourensá de Celanova e tamén no concello lucense de Triacastela

Publicado o 05/09/2019 16:12

Instituto Geográfico Nacional

Catro sismos rexistráronse nas últimas horas en Galicia, segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional.

Tres tiveron lugar na provincia de Ourense: o primeiro sentiuse contra as 22.30 horas e foi o máis forte -3,3 graos na escala de Richter-, con epicentro no concello de Cartelle; o segundo foi contra a medianoite -2 graos na escala de Richter- con epicentro no municipio da Merca, onde se rexistraba outro de 2,5 graos contra as 4.15 horas. Con eles son xa oito os tremores con epicentro nestas dúas localidades no que vai de semana -todos próximos ou de magnitude 2- catro en Cartelle e outros tantos na Merca.

Contra as 2.00 h tamén se moveu a terra na zona de Triacastela, cun terremoto de 1,7 graos na escala de Richter con epicentro nese concello lucense, cuxos veciños están xa máis que afeitos aos movementos sísmicos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí