CRTVG

Buscar

A terra volve tremer en Gomesende, con dous sismos de 3,3 e 3,4 graos

Publicado o 17/08/2021 10:01
A terra volve tremer en Gomesende, con dous sismos de 3,3 e 3,4 graos

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta madrugada dous movementos sísmicos de magnitudes 3,3 e 3,4 con epicentro en Gomesende. Así o informa o 112 Galicia, que precisa que no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiron chamadas que alertasen dos terremotos. Por outra banda, explica que, segundo os datos facilitados a este servizo, os tremores tiveron lugar ás 5:31 e 5:33 horas, recolle no parte de incidencias desta xornada.

Hai cinco días rexistráranse varios sismos en Gomesende, o máis potente de 2,7 graos. 

Noticias web

17/08/2021