A terra segue tremendo en Laza: vinte novos sismos nas últimas 24 horas
Publicado o 20/05/2021 15:44
No sur da provincia de Ourense a terra non deixa de tremer. No concello de Laza, xunto a Vilar de Barrio e Sarreaus, levan máis de 50 sismos nos últimos sete días. Todos son de pequena magnitude, pero os veciños si que os sentiron.
Nas últimas 24 horas o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou de novo outro 20 pequenos sismos, 17 deles con epicentro en Laza, dous no concello de Vilar de Barrio e no de Sarreaus. O de maior magnitude, de 3,4 puideron sentilo ben aquí os veciños e nestes concellos, onte contra a unha do mediodía. Segundo os expertos é o que se chama un enxame sísmico, e que malia o temor dos veciños, din que entra dentro da normalidade.