CRTVG

Buscar

A terra non para de tremer en Granada

Publicado o 30/01/2021 23:24
A terra non para de tremer en Granada

Preocupación en Granada pola serie de sismos

O Instituto Xeolóxico Nacional rexistrou trece novos pequenos sismos nas últimas doce horas. Os dous meirandes acadaron os 2,2 graos na escala de Richter. O resto acadaron intensidades de entre 1,5 e 1,9 graos. Os epicentros sitúanse na zona de Santa Fe e no concello de Atarfe.

A provincia de Granada rexistrou máis de 800 sismos nunha serie que comezou o día 1 de decembro. A Xunta de Andalucía mantén activa a fase de preemerxencia do Plan de emerxencias ante risco sismico.