CRTVG

Buscar

A terminal viguesa de Bouzas, practicamente baleira

Publicado o 06/05/2020 15:53

A crise económica derivada do coronavirus deixa imáxes insólitas, como a da terminal viguesa de Bouzas, practicamente baleira. A paralización da industria da automoción e tamén dos transportes marítimos reduce as cifras de almacenamento neste espazo, onde o habitual é ver ata 20.000 vehículos, agora hai menos de 4.000.

A previsión do porto é que nas próximas semanas comece a haber máis actividade coa volta ao traballo da planta viguesa de PSA.

 

Noticias web

06/05/2020