CRTVG

Buscar

A terminación 5, a máis afortunada en toda a historia do sorteo de lotaría de Nadal

Publicado o 25/11/2020 21:40

Se aínda non mercaron lotaría de Nadal, presten atención, porque aínda que todos os números parten coas mesmas probabilidades, o certo é que hai algúns que atraeron máis veces a fortuna.

Á cabeza está o 5, a terminación que tivo o premio Gordo 32 veces. O 7 e o 2 son os seguintes na lista dos máis premiados.

No extremo oposto está o 1, que foi a terminación do Gordo só oito veces en toda a historia do sorteo.

Se seguimos botando man das matemáticas, o certo é que a probabilidade de que o noso décimo sexa agraciado co primeiro premio é de unha entre cen mil, o equivalente a ir a Lugo e acertar quen será o primeiro veciño que veremos, ou abrir un dicionario por unha páxina ao chou e que saia a palabra en que estabamos pensando.

Iso si, se baixamos o listón e nos conformamos con calquera premio, a probabilidade sobe ata o 15%.

Noticias web

25/11/2020