CRTVG

Buscar

A térmica de Compostilla II, no Bierzo, ante o seu peche inminente

Publicado o 03/10/2019 14:58

Foi a finais de 2018 cando Endesa comunicou o peche da central térmica de Compostilla II, afectando preto de 500 empregos. Anunciaban daquela un plan de futuro, pero os traballadores denuncian que nunca chegou a materializarse. As súas protestas non cesan e continúan reclamando un plan alternativo.

A térmica está situada en Cubillos del Sil, un concello de pouco máis de 1800 habitantes e no que agora están en perigo outros moitos sectores como o comercio e a hostalería. Un problema que afecta tamén toda a comarca do Bierzo.

A data de peche está fixada, xuño de 2020, e canda esta central de Cubillos se apagará tamén por completo outra térmica que Endesa ten en Teruel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019