A terceira vaga segue remitindo: 6.273 casos no primeiro día da desescalada
• A positividade mantense por debaixo do 5 % (3,18 %)

Os casos activos unha xornada máis: hai 6.273 persoas con covid−19 en Galicia, 499 menos ca onte. O Sergas detectou 272 novos positivos, dos cales 222 foron mediante probas PCR.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:
A Coruña: 2.019 (-166)
Vigo: 994 (-62)
Pontevedra: 884 (-46)
Santiago: 694 (-48)
Lugo: 631 (-71)
Ferrol: 665 (-54)
Ourense: 386 (-52)
Segue baixando a presión hospitalaria
Hai 564 persoas ingresadas (-22), a cifra máis baixa dende o 14 de xaneiro. Delas, 447 están hospitalizadas en planta (-18), por debaixo do limiar das 500, cifra que superamos precisamente dende a mesma data, o 14 de xaneiro.
No que respecta ás persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos, hai 117, catro menos ca onte, segundo recolle o Sergas.
A cifra de vítimas no que vai de pandemia sobe ata as 2.213, logo de que o Sergas notificase onte o falecemento de oito persoas nos últimos días por mor da doenza.
Positividade á baixa
O número de probas PCR realizadas increméntase en 1.159, que son 6.980 para o día de onte ata as 18:00 (hora de consolidación dos datos no portal do Sergas). Delas, deron positivo 222, que revela unha taxa de positividade de 3,18 %.