CRTVG

Buscar

A terceira vaga de covid-19 retrocede na área sanitaria de Vigo

Publicado o 20/02/2021 14:36

Coa análise dos datos, das cifras parece que a terceira vaga de covid-19 comeza a retroceder na área sanitaria de Vigo. Estas imaxes pertencen ao covid-auto a carón do hospital Álvaro Cunqueiro, que segue funcionando sen descanso. A última comunicación do Sergas fala de 1.375 casos activos cando un día antes había 1452. Iso son 77 casos menos. Nas últimas 24 horas houbo 60 novos positivos.

As cifras de hospitalizacións descenderon en 21 días, desde o un de febreiro, en máis de cen. Aquel día, no máis alto da terceira vaga de coronavirus, había nos hospitais da área máis de 180 doentes ingresados. Hoxe hai 83, 64 en planta e 19 na UCI. O número de ingresados en coidados intensivos baixa lentamente. Este sábado hai unha persoa menos en críticos do Alvaro Cunqueiro ca onte e catro menos que hai dous días. Povisa segue tendo seis críticos e Fátima un.

Noticias web

20/02/2021