CRTVG

Buscar

A tenente de alcalde en Pontevedra, Carmen da Silva atopou pintadas en contra dela na súa casa

Publicado o 24/03/2019 20:03

O BNG denunciou o ataque a través das redes sociais e mostrou o seu apoio á edil. Este debuxo dunha diana xunto a palabra "Dasilva" foi o que apareceu nunha parede da vivenda da concelleira nacionalista e candidata ao Congreso. Tamén a través de Twitter condenaron o ocorrido o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, e o líder da oposición municipal, Rafael Domínguez.

Noticias web

24/03/2019