CRTVG

Buscar

A tenda do MOMA vende unha colección exclusiva de Sargadelos

Publicado o 05/10/2021 22:34

A artesanía galega expande a súa presenza no Museo de Arte Moderna máis importante do mundo. O MOMA de Nova York aumentará a súa colección de cerámica Sargadelos na súa tenda física de Manhattan e por Internet. Neste caso, vai ser unha edición especial en catro cores novas. En combinacións de prato fondo, chairo e de sobremesa.

Hai tres anos que a icónica marca está á venda no esixente museo. Por outra banda, a empresa de Cervo, que tamén acaba de abrir operacións en Italia e México, presentará nas próximas semanas produtos exclusivos deseñados por un famoso arquitecto e unha figura en homenaxe aos Rolling Stones.

Noticias web

05/10/2021