CRTVG

Buscar

A temporada alta das Cíes podería prolongarse ata outubro

Publicado o 29/04/2020 13:34

Son todo un reclamo turístico e así o amosan estas imaxes do pasado verán no peirao de Vigo. O coronavirus, a famosa desascalada ao confinamento e o distanciamento social marcarán un verán atípico que repercutirá no turismo.

Noelia Iglesias, voceira comercial Mar de Ons, explica que unha redución na capacidade dos dos buques, tomando medidas de proteción e hixiene, sería suficiente para poder impulsar o sector, actualmente paralizado.

O pulo das Cíes nótase en Vigo, pero en toda a provincia para o sector da hostalaría. Predicir o futuro é complicado, pero xa avisan, que será negro anque haxa visitas ao arquipélago con acollida limitada.

César Sánchez Ballesteros, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra, denuncia que a lei actual de Ertes fará que todo o sector quebre. Hai moita incerteza, explica, e non hai protocolos de hixiene e sanidade para poder reabrir.

En 2019, 300.000 persoas visitaron estas illas. Esta Semana Santa foron anuladas unhas 800 autorizacións. E aínda que seguirán aí para todos nós, este ano quizais teñamos que gozalas dende a distancia.

Noticias web

29/04/2020