CRTVG

Buscar

A temperatura na montaña de Lugo sobe dous graos de media

Publicado o 17/02/2020 21:20

O adianto na floración das plantas e árbores ou a aparición de insectos e fungos inusuais nestes meses son as consecuencias no agro da suba das temperaturas no que vai de inverno. Ademais de adiantarse o ciclo reprodutivo dos vexetais, outro problema pode vir despois se chegan as xeadas e cortan bruscamente o desenvolvemento de froitos, flores e follas.

"A floración xa se está a producir en plantas que precisan de frío. Así, pode haber un problema se logo veñen xeadas e cortan o ciclo vexetal".

Onde tamén se nota o pouco frío deste inverno é no consumo de gasóleo para calefacción. En lugares tradicionalmente fríos como A Fonsagrada ou O Cebreiro estiveron hai 15 días a 20 graos. Así, os veciños están a reducir o gasto en combustible para quentar as vivendas en ata un 40%.

"Esta calor non é normal, e por iso estamos nun pequeno atranco. Febreiro sempre foi un mes de moita venda de gasóleo, e agora baixou".

O pasado 31 de xaneiro a temperatura mínima na provincia de Lugo foi de 12,7 graos, a máis elevada dende que empezaron as medicións en 1981.

Noticias web

17/02/2020