CRTVG

Buscar

A Televisión de Galicia retransmitirá o mundial de motocrós ata 2022

Publicado o 08/02/2021 21:35

E rematamos cunha boa nova para os amantes do motor. Televisión de Galicia retransmitirá o Campionato do Mundo de Motocrós ata o ano 2022.

Despois do éxito das emisións en 2020, a Galega renovou o acordo coa entidade organizadora para dous anos máis, polo que os afeccionados galegos poderán seguir toda a actualidade do motocrós a través da G2 e tamén nas canles dixitais.

Un ano máis, poderemos gozar con Jorge Prado, un dos mellores talentos actuais da escena internacional, e outro galego que apunta alto, o vigués Rubén Fernández.

Noticias web

08/02/2021