A Televisión de Galicia foi a canle máis vista polos galegos neste Nadal

A TVG foi a canle máis vista polos galegos na faixa do 'prime time' neste Nadal e acadou unha cota media do 12,9% entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro. Superou o seu competidor máis próximo en 5 décimas de cota (Tele5 12,4%), quedando tamén por riba de La1, que mediou cun 10,8%, e de Antena 3, que fixo un 10,4%.
No conxunto do día a media foi dun 11%, estando a 9 décimas do liderado (foi a 4ª canle a 1 décima da 3ª posición). Entre as canles autonómicas é a segunda, tanto no conxunto do día coma no 'prime time', superada unicamente por TV3 (11,6% no conxunto do día e un 15% no 'prime time').
Con respecto á programación de temporada, este Nadal a TVG acada 1,5 puntos de cota máis no conxunto do día. No 'prime time', con respecto ao mesmo período, o incremento é de 2,7 puntos de cota, datos poñen de manifesto o éxito da programación especial.
Por días da semana, os luns a TVG foi a canle máis vista tanto no conxunto do día coma no 'prime time', cunha cota do 15,1% e do 20,8%, respectivamente, en cada faixa. No 'prime time', ademais, a TVG foi a canle máis vista nos xoves cunha cota do 14,5% e nos sábados cunha cota do 12,6%.
Se analizamos as audiencias conxuntas dos sábados e dos domingo, a TVG tamén liderou no conxunto do día e no 'prime time' da fin de semana, cómpre salientar tamén o 13% que de media acada a TVG no 'prime time' dos venres.
Analizando a listaxe dos 50 programas máis vistos en Galicia, a TVG conta con 18. Tele5 suma 16, La1 acada 10 e Antena 3 conta con 6 emisións.
Programación especial de Nadal
Dentro da programación especial da TVG cómpre salientar as audiencias acadadas por:
- Lotería de Nadal: cota do 23,6%.
- Mensaxe do Rei: cota do 19,9%.
- Land Rober Especial Noiteboa: cota do 30,3%.
- Festa de Translación do Apóstolo: cota do 4,9%.
- Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta: cota do 11,1%.
- Especial de fin de ano: cota do 16,5%.
- Badaladas de fin de ano: cota do 11,5%.
- Cabalgata de Reis: cota do 21,4%.
Cómpre salientar que os galegos elixiron de forma moi maioritaria a TVG na xornada de Noiteboa, en que mediou un 17,8% no conxunto do día e un 26,4% no 'prime time'; a 6 puntos da seguinte canle no conxunto do día e a 14,4 puntos de cota, máis do dobre, do seguinte competidor no 'prime time'.
Na faixa de 'prime time' a TVG foi a canle máis vista en Galicia nos días 22, 24, 27 e 28 de decembro e no 5 de xaneiro.
Neste Nadal, a TVG contou cunha audiencia total de 1.663.000 galegos de 4 e máis anos, máis do 63% da poboación, sen contabilizar á xente desplazada fora dos seus fogares.