CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Televisión de Galicia estrea esta noite 'Contou Rosalía', a primeira ficción sobre a vida da escritora

Publicado o 16/05/2018 15:33
E hoxe, na véspera das Letras Galegas, temos unha noite de estrea na Televisión de Galicia que non poden perder: 'Contou Rosalía'. Trátase da primeira ficción sobre a vida da nosa grande escritora, en que repasamos os seus anos de xuventude e mais a súa relación sentimental e intelectual con Manuel Murgía.




Rosalía de Castro e Manuel Murguía formaron unha parella única coa súa contribución á cultura galega. Non está moi claro cando se coñeceron, pero si que iniciaron as súas relacións sentimentais en Madrid.

Rosalía, que era moi nova, destacaba polo seu enorme talento artístico e espertou a admiración e o amor de Murguía. A súa sorprendente relación mantívose fóra das ríxidas convencións da época.

'Contou Rosalía' é a primeira ficción que se fai sobre a vida da nosa grande escritora. Estréase esta noite, a partir das dez, e forma parte da programación especial que a Televisión de Galicia emite con motivo da Semana das Letras e que inclúe cine galego e documentais sobre anteriores homenaxeados e, por suposto, sobre María Victoria Moreno.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí