A Televisión de Galicia continúa líder en Aninovo
Publicado o 02/01/2019 14:37
A Televisión de Galicia remata 2018 con abraiantes datos de audiencia, un éxito que se traslada a 2019.
O Telexornal Mediodía foi o programa máis visto do Aninovo en Galicia e tamén o máis visto das televisións autonómicas de toda España. Este informativo acadou unha cota de pantalla de case o 24 por cento, a máis de 6 puntos do seu máis inmediato perseguidor.
O Telexornal Serán foi o máis seguido na súa faixa, nun día en que a Televisión de Galicia tivo 5 dos 10 programas máis vistos da xornada.