CRTVG

Buscar

A Teixeira é un dos 30 concellos da provincia de Ourense libres de coronavirus

Publicado o 21/02/2021 15:26

Con menos de 400 habitantes, o concello ourensán da Teixeira resiste sen coronavirus. Ademais da tenda de Germán, hai dous bares pero levan meses pechados. O despoboamento axuda a que os contactos se reduzan ao mínimo.

Un vida tranquila, din os veciños, ademais do cumprimento das medidas.

A tendencia é favorable en toda a provincia de Ourense e agora só catro concellos superan os 20 casos activos, a cidade, Verín, O Carballiño e Celanova.

Noticias web

21/02/2021