CRTVG

Buscar

Localizan un narcoveleiro de Carlos Silla afundido durante o período de confinamento

Publicado o 20/10/2021 14:28

Carlos Silla, o arousán que lidera a nova xeración de narcotraficantes galegos, foi detido tras ser interceptado nunha operación que apresou un veleiro cargado con cinco toneladas de cocaína. 

Silla ten máis motivos para estar preocupado: a localización doutra das embarcacións que empregaba para transportar droga. Foi a tecnoloxía do buque Ángeles Alvariño a permitiu localizar o narcoveleiro Benirrás, afundido durante o confinamento.

Noticias web

20/10/2021