CRTVG

Buscar

A tecnoloxía axuda a mellorar as medidas de seguridade nos autobuses

Publicado o 08/06/2020 20:17

Que a viaxe en trasporte público sexa segura e saudable. Por iso, cando entramos facemos a primeira parada. E cámara de control, dotada dun sensor de temperatura corporal, avísanos se a nosa temperatura é superior aos 37 graos. Nese caso unha alerta informaranos de que que non podemos acceder ao autobús. Se todo vai ben e xa estamos dentro, non pasarán desapercibidas as pantallas que separan o habitáculo do condutor e os paneis divisorios nos asentos. Estas medidas son as máis visibles, hai máis.

A desinfección, xa sen pasaxeiros, é automática e en 30 minutos o vehículo está completamente desinfectado. Listo, para que o transporte público, sexa tamén en tempos de coronavirus, a mellor opción para o viaxeiro


 

Noticias web

08/06/2020