CRTVG

Buscar

A tecnoloxía achega as matemáticas mesmo aos que menos as entenden

Publicado o 04/07/2019 09:53

Un videoxogo para aprender matemáticas creado por docentes da Universidade de Santiago é unha das últimas incorporacións tecnolóxicas aplicadas ao ensino desta ciencia.

De tecnoloxía e aprendizaxe das matemáticas fálase nestas xornadas que se están a celebrar na Coruña. Aquí se dan dita máis de 500 profesoras e profesores de toda España. Todos tratan de buscar técnicas para facer a súa asignatura máis atractiva aos estudantes.

A realidade aumentada e as aplicacións para móbiles serán tamén obxecto de debate ata o sábado en Palexco.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019