CRTVG

Buscar

A Tebas non lle sorprende a relación de Aranda coa operación Oikos

Publicado o 11/06/2019 20:36

O presidente da Liga referiuse hoxe á operación Oikos. Javier Tebas dixo de Aranda, implicado na presunta rede de amaños, que coñecían os seus antecedentes e que desconfía da conversa en que afirmaba que había sete xogadores pucelanos comprados para xogar contra o Valencia:

"O que si se pode dicir é que o de que Aranda era un paxaro xa o sabiamos hai tempo. A min todo o que pasara e todo o que contan non me sorprende. Son unhas conversas que tivo Aranda por teléfono nas cales, no ámbito en que fala, di: "Ti aposta que hai sete vendidos". Paréceme unha fanfarronada máis de Aranda que un dato real, que se poida falar de 7 xogadores do Valladolid ou mesmo dun, xa veremos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019