CRTVG

Buscar

A Tarxeta Xente Nova chega a vindeira semana á provincia de Ourense e á área de Pontevedra

Publicado o 10/03/2020 14:45

Xa está listo o calendario para chegada da Tarxeta Xente Nova á provincia de Ourense e á área de Pontevedra.

O martes, 17 de marzo, comezan a emitirse estes dispositivos nas oficinas habilitadas de ABANCA e desde o día 23 os menores de 21 anos poderán viaxar de balde no transporte interurbano nesas zonas.

Ethel Vázquez- Conselleira de Infrestruturas: "Estamos a falar dunha iniciativa social, dun plan para fomentar o transporte colectivo entre os menores de 21 anos, dunha iniciativa que ten un factor educativo e de concienciación da utilización do transporte público".

Actualmente, 63.000 galegos menores de 21 anos teñen transporte gratis grazas a este dispositivo. O ano pasado permitiu que se realizaran case dous millóns de desprazamentos de balde. A posta en marcha na provincia de Ourense e na área de Pontevedra é a primeira fase da ampliación prevista, que, segundo a Xunta, se estenderá progresivamente este ano a toda Galicia.

Noticias web

10/03/2020