CRTVG

Buscar

Sanidade pide aos cidadáns que actualicen os seus datos da tarxeta sanitaria para poder ser vacinados

Publicado o 01/03/2021 10:55
Sanidade pide aos cidadáns que actualicen os seus datos da tarxeta sanitaria para poder ser vacinados

O Sergas pide que comprobemos se temos actualizada a tarxeta sanitaria. É importante con vistas ao proceso de vacinación contra a covid-19.

A cita recíbese no número de teléfono asociado á tarxeta, por medio dunha chamada ou por un SMS.

Pódese actualizar no centro de saúde, a través do teléfono 981 569 540, ou na páxina web do Sergas, pero para iso é necesario un certificado dixital.

Noticias web

01/03/2021