CRTVG

Buscar

A Tarxeta Benvida da Xunta poderase utilizar tamén para mercar libros aos fillos

Publicado o 06/03/2021 14:57

A Tarxeta Benvida é unha axuda directa da Xunta ás familias, por un importe de 1.200 euros ao ano para o primeiro e o segundo fillo e de 2.400 euros ao ano para o terceiro fillo e sucesivos. Ata o de agora podíase utilizar para mercar alimentos, produtos de farmacia, roupa, cueiros... e a partir de agora tamén libros.

Fabiola García, conselleira de Política Social: "Desde hoxe mesmo as familias beneficiadas coa Tarxeta Benvida poderán mercar libros nos 160 establecementos adheridos á Federación de Libreiros de Galicia. Queremos continuar acompañando as familias na crianza dos seus fillos e neste caso poteciando a compra de libros aos seus fillos a través desta Tarxeta Benvida, que é unha axuda directa da Xunta".

Presentaron este acordo entre a Consellería de Política Social e a Federación de Libreiros de Galicia nun acto simbólico na emblemática libraría Follas Novas de Compostela.

Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia: "O libro vai axudar a estes nenos que veñan coa Tarxeta Benvida ás librerías a ser máis libres e felices, sobre todo nestes tempos de pandemia en que a xente vai estar máis tempo na casa".

A Tarxeta Benvida leva beneficiado a 67.000 familias galegas durante os últimos cinco anos, para o que a Xunta investiu un total de 91 millóns de euros.

Noticias web

06/03/2021

Máis sobre actualidade