A Tarxeta Benvida chega con 32,2 millóns de euros para axudar as familias galegas
Publicado o 19/01/2021 15:22
Lucía e José levan dous meses usando a Tarxeta Benvida. Chegou á casa con Yago, o segundo fillo da parella. Co primeiro, non existía a axuda. Si a tivo María hai tres anos. Ela puido comprobar as melloras que foi incoporando a tarxeta desde entón.
Un apoio para as familias que poden usar a tarxeta en supermercados, farmacias ou tendas de puericultura. Este ano, aumenta a contía. Vanse destinar algo máis de 32 millóns a estas axudas, que se poden solicitar durante todo o embarazo e ata dous meses despois do nacemento do bebé.
Desde a súa posta en marcha, a Tarxeta Benvida beneficiou oito de cada dez nenos nacidos en Galicia. Chegou a máis de 66.000 familias cun investimento de 91 millóns de euros.