A Tarxeta Básica da Xunta para axudar as familias vulnerables chega xa a 40.000 persoas
Publicado o 17/03/2021 17:38
Salomé Núñez recibía na Cruz Vermella a súa tarxeta básica. Ten tres fillos e outro en camiño nunha situación económica complicada. O mesmo que Salomé, Judith recibe a tarxeta básica despois dun ano sen traballar.
Coma elas, uns 40.000 galegos dispoñen xa desta axuda que o goberno galego prorrogou ata o próximo mes de xuño. A tramitación da tarxeta é axilízase grazas á rede de institucións coma a Cruz Vermella. Trátase dunha tarxeta prepagamento que reparte entre 150 e 300 euros mesuais entre as familias máis vulnerables para a compra de produtos básicos de hixiene, alimentación ou farmacia.
A tarxeta básica leva repartidos en menos un ano máis de 26 millóns e medio de euros.