CRTVG

Buscar

A tarifa de gas de último recurso baixa un catro por cento

Publicado o 27/12/2019 09:28

O prezo do gas natural vai empezar 2020 máis barato. Concretamente, a tarifa de último recurso baixará un catro por cento a partir do 1 de xaneiro.

O Ministerio de Transición Ecolóxica di que este descenso no prezo se debe a que tamén a materia prima é agora máis barata.

Á tarifa regulada do Goberno están acollidos un millón setecentos mil consumidores.

 

Noticias web

27/12/2019