CRTVG

Buscar

A suspensión das procesións en Viveiro leva a montar os pasos nos escaparates

Publicado o 03/04/2021 14:47
A suspensión das procesións en Viveiro leva a montar os pasos nos escaparates


A falta de procesións, este ano a Semana Santa de Viveiro trasladouse aos escaparates. Os comerciantes ceden os seus espazos ás confrarías para expor as figuras máis relevantes desta cita relixiosa, declarada de Interese Turístico Internacional.

Fotos e obxectos relixiosos adornan os escaparates, nunha mostra estática que permite vivir a Semana Santa, pero sen as aglomeracións doutros anos, para evitar así os contaxios.

É unha forma distinta de achegarse á Semana Santa viveirense, que foi moi ben acollida por veciños e visitantes.

Corenta establecementos participan nesta iniciativa que permite vivir a Semana Santa de Viveiro en época de restricións polo coronavirus.

Noticias web

03/04/2021