CRTVG

Buscar

A suposta parricida de Almería, á espera de declarar

Publicado o 11/10/2019 18:59

Loito en Almería polo pequeno Sergio. Os veciños de Alcolea e de El Ejido gardaron este venres un minuto de silencio en memoria do rapaz asasinado.- Antonio Ocaña. alcalde de Alcolea (Almería): "Está toda a vila aquí ou parte porque foi espontáneo, está todo o mundo consternado e estamos nunha nube que non cremos aínda o sucedido"

A nai do rapaz, e suposta asasina, está detida á espera de pasar a disposición xudicial. Os pais do cativo mantiñan unha disputa pola súa custodia. O rapaz estaba con ela pola semana e co pai a fin de semana. Pero ao parecer, a custodia estaba a ser revisada a favor do pai.

Noticias web

11/10/2019