CRTVG

Buscar

A superlúa favoreceu os bancos marisqueiros provocando unha gran seca

Publicado o 22/01/2019 14:31

Do fenómeno da superlúa, adoitamos quedarnos coa beleza, co espectáculo natural, pero resulta que tamén ten efectos singulares sobre as rías galegas, porque favoreceu os bancos marisqueiros provocando unha gran seca. En Vilanova, as mariscadoras aproveitan o mellor destas mareas vivas, de onde, din, sae o mellor marisco.

Amais da súa beleza no ceo, a superlúa tróuxo un grande beneficio para as rías galegas, un efecto especial que todas agradecen. Unha xornada de grande esplendor para as zonas marisqueiras, o nde o mar se retira para favorecer unha grande seca de bancos de area, antes tapados.

En Vilanova, como noutras zonas, as mariscadoras dobran esforzos con estas mareas vivas, regaladas pola superlúa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019