CRTVG

Buscar

A superlúa de neve, a máis grande e brillante do 2019, déixase ver en Galicia

Publicado o 20/02/2019 08:23

• Acontece cando a lúa chea coincide coa distancia mínima do noso satélite á Terra. A seguinte superlúa non será ata 2026

Segunda superlúa deste 2019, máis grande e brillante do que estamos afeitos a observala dende a Terra. Un efecto que non terá lugar ata o ano 2026, pero aínda estamos a tempo de mirar ao ceo. Imos coñecer da man dun astrónomo cando e como se produce este efecto que permite observar o que se coñece como lúa de neve.

Moitas olladas postas no ceo desde o luscofusco. A superlúa acontece cando a lúa chea coincide coa distancia mínima do noso satélite á Terra, o que se chama o perixeo. Este ano xa puidemos ver unha o 21 de xaneiro, que ademais cadrou cunha eclipse total de lúa. Esta é a segunda deste 2019.

As seguintes superlúas terán lugar nos anos 2026, 2034 e 2052. Polo tanto, ata dentro de sete anos non poderemos observar este fenómeno que causa tanta expectación entre a poboación. A saída da lúa é un dos mellores momentos para percibir a súa dimensión, pero por mor dun defecto óptico do ollo humano.

Nese momento da súa saída no horizonte vémola tamén máis vermella por un efecto da atmosfera. Outra cita imprescindible para os amantes da astronomía será o vindeiro 16 de xullo, cunha nova eclipse de lúa.








 

Noticias web

20/02/2019