CRTVG

Buscar

A suba salarial dos funcionarios, pendente de que haxa Goberno

Publicado o 24/12/2019 14:44

Da formación do Goberno están moi pendentes preto de 150.000 funcionarios que traballan en Galicia. Teñen conxelada a suba salarial do 2,2% prevista para o 1 de xaneiro. O Goberno galego ten os cartos pero precisa do visto e prace do Estado para aplicar o incremento nas nónimas. En Madrid aseguran que, sen investidura, esa suba non a poden aprobar.

Da suba salarial prevista para o 1 de xaneiro, deberían beneficiarse preto de 150.000 funcionarios que traballan en Galicia.

Algo máis de 87.000 son empregados públicos da Xunta. Persoal do Sergas, Educación e Xustiza, entre outros servizos. E case 27.000 de concellos e órganos e corpos periféricos do Estado.

O incremento, agora conxelado, ven desta sinatura de 2018 en que o ministro de Facenda, daquela Cristobal Montoro, comprometía cos sindicatos unha suba salarial mínima do 6,1% en tres anos.

Por este acordo, a Xunta incorporou nas contas de 2020 un aumento de ata o 2,2 por cento nas nóminas dos seus empregados públicos e reservou 90 millóns de euros para financialo.

Pero para facelo, precisa dunha habilitación legal do Estado que, segundo o Ministerio de Función Pública, non pode dar un Goberno en funcións.

Iso si, cando dean permiso, a suba será retroactiva, desde o 1 de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019