CRTVG

Buscar

A suba dos materiais da construción encarece un 15 % a factura das obras

Publicado o 17/06/2021 15:13

A forte suba no prezo de materias primas como o petróleo ou o aceiro preocupa no sector da construción e das reformas. A factura encarece e comeza a haber problemas de abastecemento.

Aceiro, cable de cobre, pezas de PVC, que son os materiais básicos de calquera obra de construción, están cada vez máis escasos e caros no mercado.

As máis afectadas son as pequenas empresas de obras e reformas, sen capacidade de almacenamento de materiais, que se ven obrigadas a atrasar as obras e a repercutir as subas na factura aos clientes.

Agardan que os prezos e a subministración de materiais se normalice o antes posible, porque o problema chega xusto agora que medra a demanda de obras e reformas despois dun ano para esquecer.

 

Noticias web

17/06/2021