A suba dos combustibles e das peaxes pon os transportistas galegos nunha situación límite
O 85 por cento dos produtos que consumimos chegan ata nós por estrada, a través de pequenas e medianas empresas de transporte ou autónomos que viron como o prezo dos combustibles encareceu no último ano ao redor dun 20 por cento. Unha suba que, din, non poden repercutir no prezo que lles cobran as empresas debido ás dificultades económicas que atravesan pola pandemia, e que os está a colocar nunha situación límite. Unha suba especialmente preocupante se temos en conta que o gasto en gasólelo supón o 40 por cento do custos aos que teñen que facer fronte os transportistas.
As peaxes ou suba da electricidade son outros factores que tamén lles afectan. Un incremento que, din, non pode repercutir no prezo dos portes debido á difícil situación que atravesan moitas empresas pola pandemia.
Temen que o prezo dos combustibles siga aumentando nunha situación, din, xa límite para eles.