CRTVG

Buscar

A suba do prezo do diésel afectará un millón de coches galegos

Publicado o 13/01/2019 19:09

Para moitos, o consumo de combustible deixa unha pegada importante no capítulo mensual de gastos.

"Cada dez días gasto uns sesenta euros". "Ponlle ao mes uns setenta ou oitenta euros", comentan os condutores.

Notáremolo aínda máis se conducimos un vehículo diésel. No proxecto de Lei de presupostos xerais do Estado, o Goberno contempla unha suba do prezo de 3,8 céntimos o litro. Segundo os cálculos do ministerio de Facenda, a supresión da bonificación do diésel terá un impacto de tres euros mensuais para o condutor medio, que realiza uns 15.000 quilómetros ao ano.

"Eu necesito o coche todos o días, fago moitos quilómetros ao longo da semana e a suba supón un gasto moi importante ao cabo do mes". "Sempre pagamos os mesmos. Encarecen as cousas de consumo diario, pero os salarios non soben".

A medida afectará arredor dun millón de galegos que xa pagan o gasóleo máis caro de toda España.

"A culpa é dos políticos. Aquí en Galicia estamos pagando o gasóleo máis caro de España. Quizais sexa porque a refinería está tan lonxe de aquí...".

O Goberno anunciou que parte dos cartos recadados con este incremento financiarán medidas para impulsar a mobilidade sostible.

"Onde vai quedar, nas arcas do Estado. Quen é o que leva o gasóleo? O currante".

Quedan exentos os profesionais do transporte.

Noticias web

13/01/2019