CRTVG

Buscar

A suba de impostos ao diésel suporía 2,3 euros máis cada vez que enchamos o depósito

Publicado o 28/10/2020 14:41

Se se aproba a suba de impostos ao diésel incluída no proxecto de orzamentos do Estado, este mesmo xesto, encher un depósito, pasaría a custarnos 2,3 euros máis.

Jesús Vázquez, xerente da estación de servizo Reza: "Nunha recarga media de 50 litros subiría arredor de dous euros a recarga, e a xente que precisa ir traballar no coche vaino notar un montón".

"Unha, dúas veces por semana ou tres, e enchemos o depostivo por completo, entón para nós ao final de mes son moitos cartos"

Un usuario que percorra uns 15.000 quilómetros ao ano tería que desembolsar 3,45 euros máis ao mes, máis de 41 euros extra ao ano. Unha suba de 3,8 céntimos por litro, que pretende achegar a tributación do diésel á gasolina.

"No momento en que estamos agora mesmo non creo que sexa o mellor subilo". "E para os que somos traballadores ou empresarios, xa podes imaxinar. Eu traballo en coche, así que a min vaime afectar".

A medida, segundo o Goberno, non afectaría nin aos profesionais nin ao gasóleo bonificado. Outro dos cambios previstos ten que ver cos plans de pensións individuais. Redúcese o incentivo fiscal. Se agora se poden deducir ata 8.000 euros que se acheguen a estes plans, o límite pasaría estar nos 2.000.

César Luís Santamarina, asesor físcal: "Polo tanto só lles afectará aos que pasen desa cantidade os que teñan capacidad de aforrar mais de 2.000 euros ao ano. Só o 8 por cento invisten máis de 4.000 euros".

Incentivarase pola contra os plans de pensións das empresas.

Noticias web

28/10/2020