CRTVG

Buscar

A suba da luz e dos alimentos incrementa os prezos tres décimas

Publicado o 14/02/2020 09:18
A suba da luz e dos alimentos incrementa os prezos tres décimas

O IPC baixou un 1% en xaneiro respecto ao mes anterior.

A taxa interanual sobe tres décima e queda no 1,1%, a máis alta desde abril de 2019.

Os datos do INE confirman o avanzado hai un par de semanas. Os prezos comezan o ano dúas décimas por riba do que subiron as pensións (0,9%).

O INE atribúe o repunte da taxa interanual á suba da electricidade, o vestido, o  calzado, os alimentos (peixe e marisco) e as bebidas non alcólicas.