CRTVG

Buscar

A suba da luz e das materias primas complica a actividade de moitos profesionais

Publicado o 18/10/2021 15:01

Nos últimos meses, o prezo da enerxía está sendo coma unha montaña rusa para moitos sectores profesionais. Nunha canteira de áridos de Melide recoñecen un aumento importante na factura eléctrica. En Áridos Arce de Melide traballan dezasete persoas. Buscando baixar a factura da enerxía probaron a traballar de noite. Pero viron que non abarataba o custo enerxético.

Distribuír a area da canteira de noite sería complicado e implicaría que, por exemplo, fábricas de formigón  a onde chegan eses áridos, tiveran que cambiar tamén o seu xeito de producir. unha soa máquina, por exemplo, consome máis da metade de toda a potencia contratada nesta fábrica, onde tamén, din, viron un aumento na factura da luz.

A luz está cara, iso complica a produción. Pero tamén as materias primas subiron. A produción en fábricas de toda España encareceuse nos últimos meses, segundo os cálculos dos produtores, nun 15 % ou 20 %. Iso, claro, repercute, din, necesariamente, no prezo final do produto. O consumidor final paga máis agora do que pagaba polo mesmo produto hai meses.

Noticias web

18/10/2021