CRTVG

Buscar

A súa incidencia acumulada en Taboada supera a barreira dos 500

Publicado o 06/09/2021 15:06

En Taboada preocupan os seus maiores. "A ver, a maior parte da xente é maior. Somos un concello que a xente está moi envellecida, hai moi poucos nenos, moi pouca xente nova e é un problema porque podemos morrer calquera, pero os maiores sempre teñen máis patoloxías e claro que nos preocupa", di Mónica López, depedenta.

O sábado subiron a nivel medio e nótase na rúa. "De feito ben ves como están as tendas estamos todos baleiros, porque claro a xente ten medo a saír e a contaxiarse, pero claro non pensan que os novos saen e despois chegan á casa e contáxianse igual".

Todo o mundo sinala as festas de Melide como orixe dos contaxios. "Creo que foron as festas do San Roque de Melide , empezaron a subir unha barbaridade", explica Carla Barreiro, camareira.

Pero non só culpan a Melide. Á falta de certezas toca facer especulacións. Os veciños confían en que os contaxios non vaian a máis.

Noticias web

06/09/2021