CRTVG

Buscar

A sorte chama a sorte: reas de persoas para mercar lotería do Neno no Grove

Publicado o 04/01/2021 14:10

É unha das reas de persoas que se suceden desde o día 23 para mercar Lotería do Neno no Grove. De aquí saíron dez décimos do Gordo de Nadal cun premio total de catro millóns de euros. Preguntamos a quen agardan se isto quererá dicir algo ante o sorteo de Reis.

"Non. Considero que é sorte. Pode tocar ou non. Non inflúe. Alégrome moito pola xente que lle tocou no Grove e oxalá volva tocar". "Non, pero todos os días á mañá e á tarde hai cola". "É a onde veño e hoxe merquei algo máis, porque cambiei uns premios menores de Nadal e si que merquei algo máis". E o dono da lotería di: "A Centola Dourada está en boca de todos".

Afluencia continua de clientes e a terminación en 7 para o Neno que xa acabaron, segundo nos conta o propietario. Son os efectos de despachar o Gordo, incluído algún agasallo de premiados.

Manuel Rodríguez, propietario da administración de Loterías 1 do Grove conta que "veu un que levou cinco décimos dos que quedara con dous e os outros deunos a familiares e tróuxome unhas botellas de viño e outro tamén me mandou unha cestiña de Nadal, con chourizo, ibéricos e iso que vai nunha caixiña de Nadal".

Do aumento da demanda en puntos que venderon premios importantes, sobre todo o Gordo de Nadal, sabe ben o organismo de loterías. Por iso de inmediato aumenta notablemente os décimos que lles consigna. Segundo o dono da administración de Loterías do Grove, "normalmente un trinta por cento máis mándannos aos puntos en que vendemos un premio importante no Nadal".

O inconveniente para despachar tanto décimo está en que o período de venda é curto, e simunaltenando co pagamento de reintegros e pedreas do sorteo de Nadal.

Noticias web

04/01/2021