CRTVG

Buscar

A sonda New Horizon amosa os confíns do Universo

Publicado o 03/01/2019 08:36

A Nasa amosou a primeira imaxe envida pola sonda New Horizons desde Ultima Thule, o obxecto máis afastado visitado nunca. Está nos confíns do Universo, a 6.600 millóns de quilómetros da terra. A sonda captou 900 imaxes que irán chegando á Terra durante os próximos dous anos. Agárdanse outras con máis resolución. Ultima Thule ten 33 quilómetros de longo por 15 de ancho.

Noticias web

03/01/2019