CRTVG

Buscar

'A sombra da lei' e 'Trote', ambas con 15 candidaturas para os Mestre Mateo

Publicado o 07/02/2019 22:20

Gángsters fronte a cabalos, violencia e animalidade, thriller fronte a drama íntimo. Os dous filmes do ano en Galicia, A sombra da lei e Trote empatan en todo nos Mestre Mateo. 15 candidaturas e favoritismo común. Dani de la Torre ou Xacio Baño. Comercial ou autoral. María Vázquez ou Michelle Jenner. A única diferenza son as dúas categorías de música e actor principal nas que si compite A sombra e non o fai Trote.

Detrás das favoritas, O sabor das margaridas, a ficción en clave de thriller da Televisión de Galicia con María Mera como protagonista. Con 7 categorías finalistas Contou Rosalía, o primeiro filme sobre Rosalía de Castro, interpretado por Melania Cruz, que competirá como mellor actriz.

Nas categorías de televisión, esta casa competirá polo Mestre Mateo con Zigzag FDS diante de Buscadores de naufraxios, Land Rober Tunai Show e Malo Será. Precisamente, a mellor comunicadora competirán Marta Doviro, Rodrigo Vázquez, María Solar e Roberto Vilar. A gala, no Pazo da Ópera da Coruña o vindeiro sábado 2 de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2019