A solta dos cabalos puxo o punto final á Rapa das Bestas de Sabucedo
Publicado o 08/07/2019 21:58
Camiño da liberdade. Alí van as duascentas bestas tras o último curro de Sabucedo. Despois de ser marcadas polos aloitadores nas diferentes xornadas da Rapa, volven ser liberadas ao monte. Tan sinxelo como abrir as cancelas, e os cabalos, grazas ao seu instinto, volven aos seus territorios.
Nesta xornada celebrouse tamén o curro solidario que este ano é compartido. A metade do que se recade será destinado ao Banco de Alimentos de Pontevedra e a outra metade será para axudar a limpar os montes da zona. O último día é o preferido por moitos.
Mentres, na area, o último corpo a corpo deste ano entre aloitadores e bestas ante os ollos de 190 medios de comunicación que se congregaron nesta edición, unha das máis multitudinarias.