CRTVG

Buscar

A Revista

A soda en Bos Aires ten nome galego, La Estradense

Publicado o 25/05/2017 12:51
Cando un senta a xantar na Arxentina hai unha bebida que non pode faltar: a soda. Unha familia de lugueses dirixe unha das fábricas desta bebida máis importantes de Bos Aires. As instalacións da súa empresa mesmo serviron como plató de televisión para unha exitosa novela arxentina.


ENTRADIÑA
Estas botellas de soda son un clásico imprescindible nas mesas arxentinas.
Unha bebida que chega puntual cada día a milleiros de fogares grazas ó lucense David Fernández e a súa familia, fundadores de 'La Estradense', unha das principais empresas de distribución deste auga gasificada polo país austral.


CORTE 1: Daniel Ricardo Fernández Gabieiro - Socio Xerente de 'La Estradense'

"La Estradense é un emprendemento familiar que cumpliu xustamente 60 anos e que comezou meu pai en 1956"


Un lucense que empezou como repartidor nada máis chegar de Galicia e que hoxe ve dende a súa Taboada natal como o seu fillo e un neto seguen loitando orgullosos por lo soño dun emigrante.


CORTE 2: Daniel Ricardo Fernández Gabieiro - Socio Xerente de 'La Estradense'

"Agora estamos chegando a uns dez mil fogares dos que o 90% se atopan na capital".


O segredo, unha rede de distribución porta a porta que se mantén intacta dende as orixes de La Estradense.


CORTE 3: Diego Fernández - Socio Xerente de La Estradense

"En capital quedan moi poucas fábricas. Esta é unha fábrica moi grande, é unha fábrica modelo e me parece que está dentro das mellor situadas".


As mesmas instalacións que namoraron ós produtores de "El sodero de mi vida", unha das novelas de maior audiencia da televisión arxentina e que elixiron La Estradense como set de gravación.

Porque a soda non é un invento arxentino, pero xunto ó mate conforma un dos piares da súa cultura popular.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

25/05/2017