CRTVG

Buscar

A sociedade vasca mobilízase polo derrubamento de Zaldíbar

Publicado o 15/02/2020 19:31
A sociedade vasca mobilízase polo derrubamento de Zaldíbar

Miles de cidadáns dábanlle hoxe un toque de atención ás autoridades vascas implicadas nun caso que adquire dimensións preocupantes. Non entenden que a alerta sobre os perigos dos residuos tóxicos chegara con demora e que dous traballadores sigan sepultados baixo os restos do vertedoiro de Zaldíbar.

Tres marchas partían de Éibar, Ermua e Elgeta, entre as cinco e as seis e media da tarde, para confluír en Zaldíbar. Moitos ían con máscaras para non aspirar gases tóxicos. A recomendación de non realizar actividades fisicas ao aire libre mesmo afecta ao partido de Liga que ían disputar mañá en Ipurúa, o campo do Éibar, este equipo e a Real Sociedade. O encontro quedou definitivamente suspendido.

A mesa técnica de coordinación sobre a derrubamento de Zaldíbar volveu reunirse este sábado. Explicaron que se delimitaron dúas zonas con maior probabilidade de encontrar os dous cadáveres. Tamén se anunciou que se abriron accesos para chegar á parte alta do desprendemento, onde se sitúan os lumes, coa finalidade de botarlles terra e sufocalos.

 

Noticias web

15/02/2020